A pivote irlandesa Claire Melia disputará a Liga Feminina Endesa nas filas do Baxi Ferrol

O Baxi Ferrol dispoñerá da pivote irlandesa Claire Melia para disputar a próxima tempada na liga Endesa. A xogadora, que ten 24 anos e mide 1.89 metros, estivo unha campaña na universidade americana de Saint Josephs Haws, na que aportou 10,1 puntos, 5,5 rebotes e 3,4 asistencias. O resto da súa carreira realizouna no seu […]
A pivote americana Mimi Collins xogará a próxima tempada no Baxi Ferrol

O Baxi Ferrol pechou a fichaxe da pivote americana Mimi Collins, que vivirá a súa primeira experiencia no baloncesto europeo. A xogadora, que ten 24 anos e mide 1.90 metros, estivo as últimas tempadas na NCCA, un ano en Tennessee, dous en Maryland e as dous seguintes en North Carolina State. A deportista acabou a […]
A aleiro cántabra Alba Sánchez-Ramos comprométese co Baxi Ferrol

O Baxi Ferrol conseguiu a fichaxe da aleiro cántabra Alba Sánchez-Ramos, que procede do Leganés. A xogadora, que ten 24 anos e mide 1.83 metros, formouse nas filas do Baloncesto Torredolones, para logo marcharse a Estados Unidos, onde xogou na Universidade de Wyoming, onde foi campioa da súa conferencia no ano 2021. Posteriormente, regresou a […]
A pivote mallorquina Noa Morro chega ao Baxi Ferrol cedida polo Valencia Basket

O Baxi Ferrol chegou a un acordo co Valencia Basket para a chegada ao club departamental da pivote mallorquina Noa Morro, en calidade de cedida, ata finalizar a próxima tempada. A xogadora, que ten 19 anos e mide 1.90 metros, ten unha ampla experiencia a pesar da súa curta idade, xa que ademais de xogar […]
A americana Moira Joiner xogará a próxima tempada no Baxi Ferrol

A xogadora americana Moira Joiner xogará a próxima tempada no Baxi Ferrol despois de chegar á un acordo co club ferrolán. A aleiro, que ten 23 anos e mide 1.78 metros, procede da Universidade de Míchigan, a mesma na que estivera Jenna Allen, onde completou unha boa etapa. A xogadora acaba a tempada cunha media […]
A base andaluza Carlota Menéndez incorpórase ás filas do Baxi Ferrol

A xogadora Carlota Menéndez xogará a próxima tempada nas filas do Baxi Ferrol despois de chegar a un acordo co club departamental. A base andaluza, que ten 21 anos e mide 1.68 metros, procede das filas do Zamora, na liga Challenge, no que xogou as dúas últimas campañas. Empezou a xogar no Úbeda, pasando posteriormente ao […]
Máis de 400 nenas e nenos de 24 clubs celebrarán o Día das Letras Galegas xogando ao baloncesto en Carballo

A Escola Basket Xiria e o Concello de Carballo presentaron unha nova edición do Día do Pequebasket, unha xornada deportiva e lúdica que reúne cada 17 de maio a centos de familias. Máis de 400 nenos e nenas pasarán o Día das Letras Galegas coas súas familias no noso concello. Un 17 de maio máis, […]
Noite máxica no pavillón A Malata cun Baxi Ferrol que roza a perfección

O Baxi Ferrol leva a primeira vitoria nos cuartos do playoff da LF Endesa nun partidazo das de Lino López superando por 61-49 ao Perfumerías Avenida e conseguindo unha renda de 12 puntos para o encontro de volta. O Baxi rozou a perfección nunha gran noite na que o himno ferrolán retumbou en todo o […]
O Baxi Ferrol non logrou remontar e encadeou a súa segunda derrota consecutiva

As ferrolás quedaron ás portas de remontar no último cuarto e caeron por 83-91 ante o Spar Gran Canaria. O Baxi Ferrol chegaba á 24ª xornada querendo volver á senda da vitoria tras a derrota na pasada xornada no derbi galego. As ferrolás saíron co quinteto formado por Ángela Mataix, Rachel Howard, Marta Gómez, Myah […]
Héctor Méndez: “O equipo é capaz de crer e de saír a competir en cada partido, independentemente do rival”

O técnico do Escola Basket Xiria analiza a tempada. “A tempada comezou de maneira un pouco complicada, por mor de lesións ou baixas, destacando que perdemos aos dous pivotes e tivemos que adaptarnos a xogar sen ningún grande na pista. Iso obrigounos a xogar con moita intensidade defensiva, a correr moito, xogar moi abertos e […]