Pleno de vitorias nas catro xornadas para o Baloncesto Base Costa Ártabra

O BBCA de Carlos Cotovad logrou sumar a cuarta vitoria consecutiva tras superar ao Cambre por 71-65. De máxima intensidade poderíase cualificar ao partido do sábado no Javier Gómez Noya, ante un ateigado pavillón, o equipo local poñíase a proba ante un correúdo rival, que traía moi preparado o partido, sabendo como castigar aos departamentais, […]
Épica vitoria do BBCA na súa visita a Foz

Desprazábase o Costa Artabra a Foz con oito baixas, ás xa recorrentes de Brais e Alex Pita por lesións de longa duración e a de Mario por motivos laborais, e sumábanse Isma, Pelayo, Jorge, Coira e Nico ao longo da semana, con molestias físicas de distinto alcance, polo que o equipo departamental desprazábase só con […]
O Baxi abónase aos cen puntos na súa segunda vitoria europea

O conxunto ferrolán levou unha plácida vitoria por 100-64 ante o equipo checo do SBS Ostrava noutra noite máxica europea. Coa vitoria conseguida na primeira xornada ante o conxunto portugués do Benfica, o Baxi encaraba o segundo encontro do grupo K da Eurocup Women recibindo en casa ao equipo checo do SBS Ostrava dirixido por […]
Meritoria vitoria do BBCA en Coruña 62-70 ante o Kempape

Con cinco importantes baixas presentábase o BBCA no seu debut ligueiro na Coruña ante o Kempape, ás xa sabidas de Brais e Álex Pita por lesións de longa duración sumábase unha nova, pola lesión de Pevi e as de Rivas e Mario por motivos laborais, polo que o equipo presentábase con cinco xogadores do primeiro […]
Lucía Díaz: “O feito de xogar en Nacional supón un desafío para min que afronto con moita ilusión”

O Club Baloncesto Laracha, que este ano milita na categoría nacional, ten entre as súas filas unha xogadora que é emblema do club, a capitá e talentosa Lucía Díaz Esmorís (A Laracha, 1994), capaz de adaptarse ao xogo de exterior como de interior e que desde os seis anos está ligada ao mundo do baloncesto […]
Hoops Eume pecha o verán con dobre final en Galicia e Portugal

O verán chega á súa recta final e Hoops Eume farao ao grande, cunha fin de semana decisiva que confirma o seu crecemento dentro do panorama do baloncesto 3×3. O sábado 30 de agosto, o club eumés terá presenza na Final do Circuito Galego 3×3, que se celebrará nas inmediacións do Outlet de Culleredo. Alí […]
Éxito rotundo na final do I Circuito 3×3 Eume organizado por Hoops Eume

Pontedeume acolleu esta pasada fin de semana a gran final do I Circuito 3×3 Eume, un evento que reuniu durante dúas intensas xornadas a xogadores e xogadoras de gran nivel, desde a categoría senior ata a canteira, consolidando á vila eumesa como un novo referente do baloncesto 3×3 en Galicia. O sábado foi a quenda […]
A Escola Basket Xiria volve depositar a súa confianza no adestrador Héctor Méndez para dirixir ao primeiro equipo

Héctor Méndez Vidal (A Coruña 1984), volverá ser o adestrador do Calvo Basket Xiria na Terceira FEB para a tempada 2025/26. Esta será a súa sétima tempada consecutiva no Basket Xiria, a quinta do preparador coruñés como adestrador principal no primeiro equipo do Club, dende que chegara a Carballo en 2019. A Directiva a proposta […]
O 15º Campus de Baloncesto contou con 50 participantes

O Pavillón Municipal da Laracha acolleu durante esta semana unha nova edición, a décimo quinta, do Campus de Baloncesto que organiza o Concello dentro da programación estival de actividades dirixidas á mocidade. Desde o pasado luns e ata onte, venres, en horario de 10:30 a 13:30 horas, medio centenar de rapaces de entre 6 e […]
Hoops Eume 3×3 roza o ouro na Master Final do Street Basket Tour de «Castilla y León»

A pasada fin de semana, o equipo galego Hoops Eume 3×3 deixou pegada na Master Final do circuíto «Street Basket Tour» celebrado en León. Tras proclamarse campións na sede clasificatoria de Segovia, os xogadores chegaban con confianza e ambición. O equipo, formado por Pepe Moreno, Jaime Atienza, Santi Fernández e Alejandro Sancho, asinou unha excelente […]