CARBALLO: Aberto o prazo de inscrición na Carreira Popular 10K

Co obxectivo de axudar ao pobo ucraíno, por primeira vez habilitarase unha fila 0 solidaria a favor da Cruz Vermella Sete minutos despois da apertura do prazo, ás 00.00 horas de hoxe, confirmábase a primeira inscrición para a 10K Carballo, organizada pola Concellaría de Deporte. A carreira popular do Concello de Carballo volverá o 5 […]
XIANA LAGO ANDRADE: Campioa de España Sub-20 en lanzamento de peso

A deportista Xiana Lago Andrade (Cee, 2004), do Club Ría Ferrol, non ten teito, e así cada competición na que participa segue subindo o seu listón sen parar. Na súa última actuación, que tivo lugar con motivo do Campionato de España Sub-20, que celebrouse o pasado día 13 do presente mes de mazo, en Antequera […]
ESTEBAN DÍAZ E TINA FERNÁNDEZ: Repiten vitoria na Carreira Pedestre Concello de Camariñas

O pontés, de nai do Ézaro, Esteban Díaz Pérez, do Club Atletismo Narón, e a muradá Tina Fernández Barreiros, do Club Atletismo Sar, repetiron vitoria na X Carreira Pedestre de Camariñas, coa que se abriu o circuíto Correndo pola Costa da Morte 2022. Na cita, organizada polo Concello de Camariñas, participaron 541 atletas dos 671 […]
CONCELLO DA LARACHA: Apoia a candidatura de Teresa Portela ao Premio Princesa de Asturias

O Concello da Laracha manifestou formalmente o apoio da candidatura da piragüista Teresa Portela ao Premio Princesa de Asturias dos Deportes deste ano 2022 que foi impulsada pola Xunta de Galicia. Teresa Portela, natural da localidade pontevedresa de Aldán, é a primeira deportista española en participar en seis Xogos Olímpicos, que sería sete de acadar […]
INÉS PAPÍN: Máis de 18 títulos

Inés Papín Estévez (Rentería-San Sebastián, 1969) é unha atleta que rompe moldes e o previsible. Así, ela recoñece que “o atletismo foi un frechazo”. Iso ocorreu aos 42 anos cando, por casualidade, foi ver correr á súa irmá Noelia nunha popular en Santa Cruz (Oleiros) no 2011. Naceu en Rentería por azar, debido a que […]
ESPECIAL: Espectacular o Carballo Trail Race

O Concello de Carballo e a AD Media Ducia retomaron o Carballo Trail Race neste ano 2022 e fixérono cunha espectacular acollida por parte dos deportistas e un brillante desenvolvemento da proba. O Concello de Carballo e a AD Media Ducia retomaron o Carballo Trail Race neste ano 2022 e fixérono cunha espectacular acollida por […]
BARCA TOBA: Deportista total

Barca Toba Suárez (Muxía, 1985) afrontou este ano 2022 con debut nas filas do Tríatlon Cidade de Lugo Fluvial na modalidade de dúatlon e seguirá competindo co SD Compostela Atletismo, de Santiago, e o Club Ciclista Val da Louriña, de Porriño, nesas disciplinas. Barca é unha deportista total. Xa que comezou aos 15 anos nas […]
I TRAIL MOSTEIRO DE SOANDRES: Miguel Vázquez e Alba Rey vencedores absolutos

O cercedense Miguel Vázquez Grela, do Club Seteiros Ártabros, e a coruñesa Alba Rey Penelas, do AD Jarnachas, foron os vencedores do I Trail Mosteiro de Soandres Concello da Laracha, no que participaron 215 deportistas dos 303 rexistrados. Deles, 34 competiron na categoría feminina. O tempo realizado en percorrer os 16 quilómetros foi de 1 […]
III TRAIL DOS FOUCELLAS: Os resultados

O santiagués Manu Gómez e a xalleira Patricia Álvarez, os vencedores da competición organizada por Tabeirón Deportivo Baio. O santiagués Manu Gómez Canabal, do Club Atletismo Lousame, e a xalleira Patricia Álvarez Rey, do Tabeirón Deportivo, foron os vencedores da distancia longa do III Trail dos Foucellas que organizou perfectamente Tabeirón Deportivo Baio. Na cita […]
CARBALLO: Volve a Carreira Popular 10K e o Trail Race

Os grandes eventos deportivos regresarán a Carballo no ano 2022 coa Carreira Popular 10K e o Trail Raice. A Concellaría de Deporte convocará ás entidades deportivas para programar e coordinar o calendario de eventos. Carballo recuperará no 2022 dous grandes eventos que non puideron levarse a cabo nas últimas edicións debido á pandemia. O inminente […]