I TRAIL COSTA ÁRTABRA: Participarán máis de 200 persoas

Un total de 225 persoas participarán este domingo, día 18, nas probas do “I Trail Costa Ártabra” organizado pola Asociación Deportiva e Cultural Bombeiros Narón e a Asociación 21 Leguas en colaboración cos concellos de Narón e Valdoviño. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, o edil de Deportes, José Oreona, e o de Mocidade, Pablo […]
I TRAIL COSTA ÁRTABRA: Celebrarase o 18 de setembro

Os concellos de Narón e Valdoviño colaboran coa A.D.C. Bombeiros Narón e a Asociación 21 Leguas na organización do “I Trail Costa Ártabra”. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, o seu homónimo valdoviñés, Alberto González; o concelleiro de Deportes de Narón, José Oreona e o de Servizos de Valdoviño, Benito Vega, presentaron hoxe xunto a […]
III CARREIRA NOCTURNA CIDADE DE NARÓN: Jonathan Fernández e Paula Mayobre brillaron na noite naronesa

O Concello de Narón celebrou o pasado sábado a III Carreira Nocturna Cidade de Narón na que se inscribiron un total de 486 persoas distribuídas nas seguintes categorías: 76 en gazapos (nados 2015-2018), 33 en coelliños (nados 2013-2014), 40 en coellos (2010-2012), 20 en lebres (2006-2009) e 317 en adultos. Desde as 20:00 da tarde, […]
III CARREIRA NOCTURNA CIDADE DE NARÓN: Preto de medio milleiro de persoas inscribíronse

Un total de 486 persoas están inscritas na terceira edición da Carreira nocturna Cidade de Narón que se celebrará este sábado. Así o indicou o concelleiro de Deportes, José Oreona, que destacou o traballo realizado en colaboración co Club Pasa ou Entorna para organizar un ano máis esta convocatoria. Os primeiros corredores, os nenos e […]
VII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE SAN SADURNIÑO: Jonathan Fernández e Rebeca Soto foron os campións

O Concello de San Sadurniño acolleu a VII Carreira Popular baixo o lema “Corre polo medio ambiente” na que máis de 400 participantes inscribíronse e deron cita na Leira da Cortina, no Paseo Fluvial do río Xuvia. Este ano, como novidades e a diferenza das edicións anteriores, o circuíto presentou desniveis para engadir un plus […]
PONTECESO: II Global 6K For Water

O laxense Martín Santos Suárez e a carballesa Silvia Porteiro Varela, conquistan a carreira solidaria. O atleta Martín Santos Suárez, de Serantes – Laxe, e Silvia Porteiro Varela, da AD Media Ducia de Carballo, foron os vencedores da carreira solidaria II Global 6K For Water, en Anllóns (Ponteceso) e que estivo organizada pola Asociación Deportiva […]
CARBALLO: Aberto o prazo de inscrición na Carreira Popular 10K

Co obxectivo de axudar ao pobo ucraíno, por primeira vez habilitarase unha fila 0 solidaria a favor da Cruz Vermella Sete minutos despois da apertura do prazo, ás 00.00 horas de hoxe, confirmábase a primeira inscrición para a 10K Carballo, organizada pola Concellaría de Deporte. A carreira popular do Concello de Carballo volverá o 5 […]
XIANA LAGO ANDRADE: Campioa de España Sub-20 en lanzamento de peso

A deportista Xiana Lago Andrade (Cee, 2004), do Club Ría Ferrol, non ten teito, e así cada competición na que participa segue subindo o seu listón sen parar. Na súa última actuación, que tivo lugar con motivo do Campionato de España Sub-20, que celebrouse o pasado día 13 do presente mes de mazo, en Antequera […]
ESTEBAN DÍAZ E TINA FERNÁNDEZ: Repiten vitoria na Carreira Pedestre Concello de Camariñas

O pontés, de nai do Ézaro, Esteban Díaz Pérez, do Club Atletismo Narón, e a muradá Tina Fernández Barreiros, do Club Atletismo Sar, repetiron vitoria na X Carreira Pedestre de Camariñas, coa que se abriu o circuíto Correndo pola Costa da Morte 2022. Na cita, organizada polo Concello de Camariñas, participaron 541 atletas dos 671 […]
CONCELLO DA LARACHA: Apoia a candidatura de Teresa Portela ao Premio Princesa de Asturias

O Concello da Laracha manifestou formalmente o apoio da candidatura da piragüista Teresa Portela ao Premio Princesa de Asturias dos Deportes deste ano 2022 que foi impulsada pola Xunta de Galicia. Teresa Portela, natural da localidade pontevedresa de Aldán, é a primeira deportista española en participar en seis Xogos Olímpicos, que sería sete de acadar […]