AD JUDO FERROLTERRA: Ao Trofeo Miguelito

Os/as novos/as alumnos/as do club, desprázanse este domingo á 34º edición do Trofeo Miguelito que se desenvolverá no Coliseum da Coruña. A quenda para os judocas do AD Judo Ferrolterra e AM Fene será ás 11:00 da mañá. Este torneo, é un evento onde se puntúa a técnica dos/as judocas máis novos/as, entre 3 e […]

BILLARDA: 14ª xornada

Ponteceso acolleu a emocionante 14ª xornada da liga Atlántica de Billarda Noroeste. O evento celebrouse no exterior do Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) baixo un ceo nubrado e temperatura agradable. Antes de iniciarse a xornada, houbo dous actos: entregouse un galardón a José Gándara Martínez polas súas 100 xornadas de billarda e o director […]

TROFEO CONCELLO DE CARBALLO: Esta fin de semana

Todos os equipos galegos e un cántabro teñen confirmada a súa presenza no torneo que organiza o Club Ciclista Carballo Vázquez y Reino. As inscricións para o Trofeo Concello de Carballo pecharon o mércores ás 23.00 horas, pero o Club Ciclista Carballo Vázquez y Reino xa ten confirmada a presenza de todos os equipos galegos […]

BILLARDA: 13ª xornada

Culleredo foi o escenario elixido para disputar a 13ª xornada de billarda. O Campo da Feira de Paiosaco foi o equipo campión, seguido por Billardeiros Musicais de Ribadeo e Filloas de Sangue da Coruña en terceira posición. Na categoría absoluta o vencedor da xornada foi Juan Carlos do Campo da Feira, mentres que Óscar Ponte, […]

XII ABERTO DE BILLARDA: «Galiña de Mos»

Castro de Ribeiras de Lea acolleu o Aberto Galiña de Mos organizado por 12ª vez polo equipo de billarda Chaínzos – Cadaval. Na categoría absoluta, Collazo do Campo da Feira de Paiosaco alzouse coa vitoria, quedando Daniel de Billardeiros Musicais de Ribadeo no segundo posto e no terceiro Roi de APB A Laracha. Na clasificación feminina, […]

TIRO CON ARCO: 11ª edición do Trofeo Concello da Laracha

A undécima edición do Trofeo “Concello da Laracha” de tiro con arco disputarase o sábado no pavillón do IES Agra de Leborís, un evento organizado polo Club Arco Laracha e Arqueiros do Adarve coa colaboración do Concello. O evento presentouse hoxe na Casa Consistorial coa presenza do alcalde, José Manuel López Varela, a edil de […]

JUNE MORENO: Ao campionato de España Cadete de Judo

Esta fin de semana celébrase en Pamplona o Campionato de España de Judo Júnior e Cadete. O club Ad Judo Ferrolterra terá como representante a June Moreno na categoría cadete de +70kg. Despois dunha longa tempada, competindo nas categorías cadete, júnior e sénior, June afronta este campionato tentando estar na loita polas medallas. Partirá como […]

BILLARDA: 12ª xornada

Disputouse unha nova xornada de billarda, a 12ª, esta vez en Narón. Nun principio ía ser ao aire libre, pero ante o ameazante ceo nubrado e prognósticos de choiva, finalmente disputouse no pavillón de Sedes. Antes de comezar a xornada, Xulio Ponte recibiu unha merecida homenaxe por cumprir 100 xornadas de Liga de Billarda Noroeste. […]

Liga Galicia Rías Altas: 4ª xornada

O domingo 24 de Abril, dispútase en Arteixo, a cuarta e ultima xornada da liga Galicia Rías Altas. Vinte judocas de categoría cadete, infantil e alevín, dos clubs AD Judo Ferrolterra, Artes Marciales Fene e Grupo Bazán, participarán nesta nova xornada da liga. Esta xornada, será a ultíma desta edición da liga Galicia Rías Altas, […]

BILLARDA: 11ª xornada

A pasada fin de semana celebrouse a 11ª xornada de billarda no campo de fútbol das Encrobas en Cerceda. A pesar de ser un día nubrado, a choiva deu tregua e púidose disputar ao aire libre baixo un céspede en perfecto estado para gozar plenamente da billarda. Deste modo, os resultados da 11ª xornada foron […]