Muíño: “Penso que temos un equipo moi completo”

A polivalente Andrea Rodríguez Muíño (Baio, 1996), coñecida futbolísticamente como Muíño, cumpre a súa terceira tempada no Puenteceso e conta cun bo currículum deportivo en equipos relevantes como son o Ural ou en fútbol sala o Fisober, entre outros. Andrea Muíño xoga na posición de mediocentro por calidades como a súa habilidade técnica co balón, […]

Raúl Corzón: “É unha boa sensación pelexar cos mellores goleadores”

O ariete Raúl Corzón Mato (Cee, 2001) criouse en Pazos de Vilar e formouse na base do Sporting Zas, sendo esta a súa segunda tempada no primeiro equipo tras pasar polos cadetes do Soneira, o xuvenil e o primeiro equipo do Baio e do Cabana, e o Laracha. É un dos principais referentes do seu […]

Paula Veiga: “Teño ás mellores persoas ao meu lado apoiándome”

A dianteira Paula Veiga Varela (Malpica, 2006) cumpre a súa segunda tempada co Cee tras formarse na base do Buño, tamén na do Cerqueda e no primeiro equipo. Estaba a realizar unha gran campaña disputándolle o pichichi a Eva Lema e con actuacións incribles como os cinco tantos ao Silva, pero unha rotura de ligamento […]

Martín MC: “Para min, o Baio é un sentimento especial”

Non hai un só recuncho na Costa que non escoitase falar do ariete Martín Fuentes Santos (Baio, 1990), coñecido como Martín MC. É un xogador que estivo sempre no Baio, menos unha tempada, a 2020/21, na que non competiron polo Covid e vestiu a indumentaria do Atlético Arteixo. O capitán é un dianteiro forte, con […]

Pablo Rodríguez: “Temos que seguir traballando”

O lateral esquerdo Pablo Rodríguez Rubial (Ponferrada, 1996), chegou ao Paiosaco fai dez tempadas procedente do conxunto coruñés do Victoria. É un xogador rápido, deses míticos carrileiros de outrora que son sólidos en tarefas defensivas, pero que teñen un perfil moi ofensivo e convértense nun puñal pola banda para os seus rivais e que chegan […]

Cristian Moreno: o canario elévase ao ceo carballés para expoñer o seu poderío aéreo

O zagueiro Cristian Moreno Mayor (Las Palmas, 1995), aterraba este verán no conxunto carballés para apontoar a liña defensiva e moi pronto se gañou ao vestiario, converténdose nun dos principais líderes pola súa capacidade de liderado e o comunicativo que é, dando instrucións aos seus compañeiros á hora de organizar á defensa. Entre outras das […]

Ale Fente: “Trátase dunha tempada de adaptación”

Rapidez, liderado, cobertura defensiva, boa condución do balón e visión de xogo son as virtudes que definen á zagueira Alejandra Fente Sánchez (O Temple, 1999), que tras pasar polo Sporting Burgo, Deportivo Orzán CF, SD Orzán e estar en dinámica co Dépor B, recalou fai tres campañas no Bergan. Como estás a ver a tempada? […]

Hugo campión galego infantil

O pasado sábado 5 de abril tivo lugar en Lugo o Campionato Galego Infantil e Cadete. Os mellores judocas de Galicia citáronse nesta competición que, para algúns, supoñía a chave para clasificarse para o Campionato de España da súa categoría. A AD Judo Ferrolterra acudiu con 12 judocas, entre infantís e cadetes. En infantís, destacar […]