BASKET XIRIA: Presentación da Copa Galicia EBA

Carballo presenta a Copa Galicia EBA, que se disputará o vindeiro Domingo 2 de outubro ás 12h, entre o Calvo Basket Xiria e o Ucoga CB Chantada. O Alcalde Evencio Ferrero, acompañado polo presidente da Xunta Xestora da Federación Galega, Francisco Martín, coincidiron na festa do baloncesto que imos vivir este domingo no Pavillón carballés […]
BASKET XIRIA: Xogará en Carballo a final da Copa Galicia EBA 22/23 contra o Ucoga CB Chantada

A Federación Galega de Baloncesto, concede ao Concello de Carballo e á Escola Basket Xiria a celebración da final da Copa Galicia EBA que terá lugar no Pavillón Vila de Noia o vindeiro domingo 2 de outubro ás 12:00 horas. Ambos os dous conxuntos chegan como primeiros clasificados de grupo, con tres vitorias cada un […]
BAXI FERROL: Campión da Copa Galicia

O Baxi Ferrol proclamouse campión da Copa Galicia, por segunda vez consecutiva e sétima na súa historia, tras superar ao Ensino Lugo por 54-50. Gran vitoria do Baxi na mañá de onte cun terceiro cuarto espectacular no que as de Lino López marcháronse ao último cuarto con 14 puntos de vantaxe sobre os seus rivais. […]
BAXI FERROL: Xogará a final da Copa Galicia

O Baxi Ferrol venceu ao CB Arxil por 89-61 e xogará a final da Copa Galicia ante o Ensino o domingo ás 12:00 horas no pavillón A Malata. Moi boa imaxe das de Lino López que en cada partido dan un paso máis adiante de cara ao inicio da tempada e nesta ocasión derrotaron a […]
BASKET XIRIA: Novos reforzos

O Basket Xiria reforzouse coas chegadas do escolta Juanín Rey, do aleiro Santiago Martínez e do á-pivote Diego Val. JUAN REY SÁNCHEZ «JUANÍN» (SANTIAGO DE COMPOSTELA · 1996) O xogador compostelán ven a cubrir un dos postos de escolta do equipo, na súa volta a xogar en Galicia e sumará a súa experiencia en Liga […]
BAXI FERROL: Arrincou o novo proxecto

O Baxi Ferrol deixou boa imaxe onte no seu primeiro amigable da pretemporada onde o resultado foi o de menos, con derrota do conxunto ferrolán ante o Durán Maquinaria Ensino por 50-63 no Pavillón A Malata. As de Lino López demostraron unha gran capacidade física presionando todo o partido ás rivais, tendo tramos durante o […]
BASKETMI: Reforzouse con fichaxes e buscará realizar unha gran tempada

O Basketmi está a prepararse para disputar esta tempada 2022/23 a poderosa División de Honra na que o equipo ferrolán estará acompañado por 11 equipos: Amivel Reyes Gutiérrez, UCAM Murcia BSR, Iberconsa AMFIV, Fundación Aliados, Mideba Extremadura, Joventut BCR, CD Ilunión, Fundación FDI Villa de Leganés, Econy Gran Canaria, BSR Amiab Albacete e Bidaideak Bilbao […]
BAXI FERROL: Novo proxecto para afrontar a tempada 2022/23 na Liga Challenge

As oficinas do Baxi Ferrol tiveron moito movemento este verán. No plano de patrocinios, Jaume Alcover, director de Marketing da compañía en solucións de climatización e auga quente sanitaria, BAXI, confirmou que continuarán patrocinando ao club na tempada 2022/23. En canto ao plano deportivo, traballouse en confeccionar un novo proxecto co que loitar polo ascenso […]
CALVO BASKET XIRIA: Renovación de Asier Comendeiro

Asier Comendeiro renova polo Calvo Basket Xiria para disputar unha nova tempada na Liga EBA. Vai ser a 4º tempada do ala-pivot coruñés en terras carballesas, na que o CALVO BASKET XIRIA recupera a categoría nacional e onde Asier volverá a demostrar a súa valía e polivalencia coma xogador exterior e interior. Asier Comendeiro Rodríguez […]
CALVO BASKET XIRIA: Renovación de Alex Iglesias

O aleiro ourensán renova nesta a súa segunda tempada en Carballo. Teremos a sorte de ver a Alex novamente en Carballo, desenvolver o seu xogo intenso. Alex Iglesias Fernández (Ourense · 2001), será a segunda tempada xogando en Carballo (primeira na Liga EBA) para o aleiro ourensán. Con só 21 anos e cunha ampla traxectoria […]